Burela acolle este domingo o musical ‘De ellos aprendí’ no Auditorio Municipal

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este domingo, 13 de marzo, ás seis da tarde imos ter no auditorio municipal de Burela un novo musical infantil, destinado aos máis pequenos e ás familias, por suposto.

Consistorio de Burela. AXM

O musical De ellos aprendí chega este domingo, 13 de marzo, ao auditorio municipal de Burela. O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este domingo, 13 de marzo, ás seis da tarde imos ter no auditorio municipal de Burela un novo musical infantil, destinado aos máis pequenos e ás familias, por suposto. Chámase De ellos aprendí e é unha especie de homenaxe a moitos dos personaxes Disney, todos fusionados nun musical cun argumento que os une a todos e que fai lembrar a estes personaxes que nenos e outros que non son tan nenos, e mesmo papás, teñen na súa memoria porque son personaxes de La Sirenita, O Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel ou La Bella y la Bestia; todos van aparecendo en escena”.

O edil burelés engadiu: “eu tiven a oportunidade de velo antes de traelo aquí, a Burela, e estou convencido de que vai gustar moitísimo aos nenos e que os papás non vanse arrepentir de acudir. É un musical de calidade, dos que merece a pena ver”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here